Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O trazado da A-59 exposto ao público na Xunqueira

RR_Noticias

Todo aquel que o desexe poderá consultar, durante vinte días, o proxecto do trazado da autovía A-59 no Multiusos en horario de 9.00 a 14.00 horas. Período correspondente co prazo para a solicitude de corrección de erros e a presentación de alegacións.

O proxecto do tramo da A-59 entre Vilaboa e O Viso, remitido este martes polo Ministerio de Fomento logo de ser aprobado o seu trazado de xeito provisional, será exposto ao público polo Concello de Redondela a partir de mañá mércores. Durante o prazo de consulta, de vinte días hábiles, os interesados poderán aportar por escrito á Demarcación de Estradas os datos oportunos para a rectificación de erros ou a súa oposición á ocupación presentando as alegación oportunas. O proxecto do trazado da A-59, entre o enlace de Vilaboa da A-57 e o enlace de acceso ao aeroporto de Peinador, tamén pode consultarse na Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, na praza de San Roque Nº 2.
O trazado, que recibiu esta mañá o visto e prace de Fomento, contará cun orzamento estimado de licitación de 427,6 millóns de euros que serán financiados a través dunha fórmula de colaboración público-privada. A autovía, que terá unha lonxitude de 30 quilómetros, desenvolverase en catro tramos. O primeiro deles iniciarase na Ermida, no termo municipal de Pontevedra, conectando coa PO-532 para rematar en Peinador. A vía contará con 17 viadutos ao seu paso polos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Pazos de Borbén, Redondela, Mos e Vigo. Ademais, a obra inclúe un túnel baixo a pista do aeroporto de Peinador, que terá unha lonxitude de 605 metros.
Rexeitamento rotundo dos veciños de Ventosela a A-59
Así se manifestou na asemblea que a Asociación de Veciños desta parroquia celebrou o pasado domingo onde acordaron tomar todas as medidas precisas para lograr a paralización definitiva do proxecto. Unha xuntanza informativa na que se lle deu conta aos asistentes do estado actual do proxecto da Autovía entre Vigo e Pontevedra e os veciños expuxeron as súas preocupacións e inquietudes por dita infraestrutura.
Durante a sesión celebrouse unha votación na que os participantes manifestaron, por unanimidade, o seu rexeitamento á A-59 e acordaron continuar e pór en marcha todas as medidas precisas para conseguir a paralización da autovía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará