Hoxe é Martes 24 de Novembro de 2020

O populares reclaman o acondicionamento da entrada a Cidadelle en Chapela

RR_Noticias

Critican que logo de 16 anos o concello non acometera as obras comprometidas nun acordo municipal asinado no ano 1994 e no que se recollía a execución dunha serie de actuacións encamiñadas a erradicar os problemas de tráfico e seguridade vial existentes na zona.

O concelleiro do PP Miguel Angel Álvarez asegura que o problema de tráfico non só non remitiu nestes anos senón que se incrementa “cada día que pasa, tendo en conta a cantidade de vehículos que circulamos a diario por esta intersección, que nos comunica aos veciños de Cidadelle coa parte alta de Chapela, o centro de saúde, os colexios e demais servizos aos que necesitamos acceder diariamente”. Unha zona que cualifica de “complexa e perigosa para os peóns ao carecer de beirarrúas axeitadas e tamén porque, tralos recentes cambios de circulación no cruce de Parada, moitos vehículos veñen polo Camiño de Leitón e o Camiño da Buraca ata este cruce, que conflúe coa N-552, para poder xirar en dirección a Vigo”.
Con todo, os veciños seguen a padecer o problema, a pesar de existir un acordo municipal asinado polo edil socialista Emilio González, en calidade de alcalde accidental no ano 1994 “a través do cal se daba constancia da mellora neste punto” sen que logo de máis de 16 anos se teñan acometido obra algunha neses sentido. Por ese motivo acusan ao goberno local de “incompetencia e falta de seriedade nos seus compromisos”. Angel Álvarez reitera novamente aos membros do goberno municipal que “non deixen pasar outro ano sen dar unha solución a este asunto e que cumpran co prometido”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *