Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio de primaria de Redondela solicita un patio cuberto

RR_Noticias

A Consellería rexeitou a petición de pais e nais por motivos orzamentarios aínda que dende a ANPA entenden que os 200.000 euros que custaría cubrir unha parte do patio do colexio non xustifica que non se realice a obra.

Os máis de 400 alumnos cos que conta o centro educativo non saen ao recreo nos días de choiva por carecer dunhas instalacións que os protexan das inclemencias meteorolóxicas. Unha situación que afecta tamén ao normal desenvolvemento das clases, xa que o alumnado só poder realizar o 50% das clases de Educación Física, algo que ao entender do profesor desta materia, Lino Domínguez, “é un atranco á hora de impartir a totalidade da programación”. Membros da ANPA Ernestina Otero reuníronse no inicio do curso co delegado de ensino para trasládalles as súas demandas, pero a explicación da Xunta foi que por motivos orzamentarios a obra non podía realizarse. Algo que ao seu entender non está xustificado dado que un orzamento elaborado polo arquitecto municipal estima que esta actuación tería un custe de 200.000 euros, cantidade que consideran menor para unha administración como a Consellería de Educación Segundo explicaba a presidenta da ANPA, Eva Lago, pais e nais están a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas que lle trasladarán á Consellería e estudan poñer en marcha outras mobilizacións de cara á conseguir que as súas demandas sexan escoitadas.

Lino Domínguez profesor de Eduación Física
O alumnado non pode recibir todas as clases por carecer de instalacións axeitadas
Eva Lago presidenta da ANPA
Entenden que o custe da obra non debería ser un impedimento para mellorar as instalacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará