Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concurso de deseño Arte-sá orientado a mulleres

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior convoca o I concurso de deseño artesanal para elixir a insignia ou regalo conmemorativo que a Concellería da Muller entregará ás veciñas do municipio na celebración do Día Internacional da Muller o día 8 de marzo. Establécese un único premio de 600 euros ao mellor deseño.

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o Centro de Información á Muller de Soutomaior, convoca o I Concurso de Deseño artesanal “Arte-sá”. Neste concurso as mulleres serán as encargadas de deseñar e elaborar artesanalmente a insignia ou regalo conmemorativo que protagonice a campaña municipal do 8 de Marzo.
Poderán participar neste concurso mulleres maiores de 18 anos quen poderán presentar ata dúas pezas artesanais que deberán ser inéditas e orixinais empregando calquera tipo de materiais: coiro, madeira, pinturas, cartón ou outros.
O xurado terá en conta á hora de valorar as obras presentadas a calidade do traballo artesanal, o deseño e orixinalidade da obra presentada e o contido e mensaxe transmitido pola obra en relación á temática.
As obras entregaranse no CIM de Arcade antes do 7 de febreiro nun sobre ou caixa pechada. No interior da mesma, deberán constar os datos persoais da autora así como o título da obra e unha breve explicación da mesma.
Establécese unha única categoría que incluirá a todas as persoas participantes e un único premio dotado con 600 euros. A gañadora comprométese a realizar 150 unidades
artesanais que protagonizarán a campaña municipal do 8 de Marzo e que serán repartidas ese día entre as mulleres do Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará