Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As cabalgatas perigan por mor da choiva

RR_Noticias

As cinco carrozas que partirán ás 19:00 horas dende o Convento de Vilavella repartirán entre os cativos mil kilos de caramelos sen gluten. No caso de que as precipitacións persistan as actividades trasladaranse ao pavillón de deportes. Mañá catro Rondallas e dous Ranchos de Reis amenizarán a xornada festiva.

Media hora antes pecharase o tráfico nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín  e as sete está previsto, sempre e cando o tempo o permita que as cinco carrozas inspiradas nos continentes partan dende o Convento en dirección Campo da feira.
Mañá xoves tamén as rúas do centro estarán pechadas ao tráfico entre as 10:30 e as 15:00 horas co gallo do tradicional desfile de Ronadallas e Ranchos de Reis. Está previstas a participación das rondallas Santa Eulalia de Mos, a de Beade, San Salvador de Louredo e Freixo-Matamá, escoitaranse tamén as voces e a música dos Ranchos de O Viso e Córtellas. Unha actividade que animará unha das feiras máis multitudinarias do ano, ao coincidir o festivo de Reis coa feira do día 6.
Os reis visitan as parroquias
Ao Centro Cultural de Cedeira está previsto que cheguen a lombos dos súes cabalos para repartir caramelos e agasallos entre os cativos. En Chapela a cabalgata partirá dende o Alto da Encarnación ás 18:30 horas para chegar á zona de Catro Pontes e rematar o percorrido no Círculo Cultural Recreativo onde as súas maxestades visitarán o Belén Vivinte e recibirán aos nenos. Pola noite haberá no círculo un baile de Reis do mesmo xeito que no centro cultural de Trasmañó.
Pola súa banda, en Saxamonde por décimo ano consecutivo, os rapaces e rapazas da parroquia percorrerán as casas da zona pedindo o aguinaldo cos tradicionais Cantos de Reis. Se o tempo o permite sairán ás 9:30 horas dende o centro cultural Chan das Pipas.
En ferrocarril a Soutomaior
O Multiusos de Arcade espera a chegada das Súas Maxestades ás 17:30 horas, previamente Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren á estación de Renfe cunha comitiva de palles reais. Alí serán recibidos polo alcalde. Os máis pequenos poderán gozar xa dende ás 16:30 horas cunha festa de animación infantil no propio Multiusos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará