Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis parroquias traballan nunha manifestación conxunta contra o trazado da A-59

RR_Noticias

O Viso, Reboreda, Saxamonde, San Martiño. Quintela e Vilar son as parroquias que previsiblemente se verán afectadas polo trazado da A-59. Dende varios colectivos veciñais promóvese un calendario de mobilizacións que concluiría cunha gran protesta conxunta

Os veciños da parroquia de Reboreda iniciaron xa unha campaña de recollida de sinaturas logo de coñecerse que a empresa Acciona comezará o 10 de xaneiro coas catas xeolóxicas e a delimitación definitiva do trazado. Así o acordaron na última semana do ano, logo dunha xuntanza na que se puxo de manifesto o descontento dos asistentes ante a falta de información tanto por parte do Ministerio de Fomento como por parte do propio concello de Redondela. Así o explicaba dende a Asociación de veciños Alvedosa, o seu presidente Antonio Moneagudo quen entende que “se trata dunha obra innecesaria que afectará negativamente a mananciais, traídas de augas e terreos comunais e particulares”. A primeira das accións protesta neste 2011 contra a futura autovía consiste nunha campaña de recollida de sinaturas que lle serán trasladadas ao Concello de Redondela, ao Ministerio de Fomento e a Demarcacións do Estado. Con todo, dentro do calendario de mobilizacións a máis importante será unha manifestación conxunta das seis parroquias afectadas directamente no seu territorio.

Antonio Monteagudo Asociación Alvedosa
O presidente da asociación de veciños critica os prexuizos que esta obra vai ter nas parroquias do Concello
Aunar esforzos
os coelctivos das diferentes parroquias están a traballar conxuntamente nunha manifestación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará