Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Autos González manterá o servizo de Noitebús sen financiamento da Xunta

RR_Noticias

A empresa aposta pola liña que comunica Redondela con Vigo nas noites de venres e sábado, que funcionará entre as 22:30 e as cinco da madrugada a un prezo de dous euros por traxecto. Elimínanse as conexións entre o centro da vila e as parroquias polo escaso número de usuarios que as empregaban  

A decisión da Consellería de Medio Ambiente de retirar o financiamento á totalidade das liñas de Noitebus de toda Galicia, deixaba no aire a continuidade do trasporte público que viña funcionando nas noites dos fin de semana. Sen embargo, o feito de que estas liñas se deixen de subvencionar non implica no caso de Redondela que desapareza a totalidade do trasporte nocturno, xa que a empresa responsable do servizo no noso concello, Autos González decidiu finalmente apostar por unha das rutas. Concretamente seguirá funcionando a ruta que comunica o centro da vila coa cidade olívica, por ser a mais demandada polos usuarios mentres que si se van eliminar as que conectaban Redondela coas parroquias Novos horarios e prezos O servizo funcionará nas noites de venres e sábados. Os usuarios deberán abonar 2 euros por traxecto e contarán cun número maior de frecuencias, xa que os responsables de Autos González decidiron ampliar o servizo atendendo ás demandas dos clientes. Así, o último autobús partirá de Redondela en dirección Vigo ás 4:30 horas, mentres que o último en sentido contrario sairá ás cinco da madrugada. O goberno galego retirada a subvención ante o recorte orzamentario do vindeiro ano argumentando ademais tanto a pouca demanda de algunha das liñas como o feito de que ao seu entender a oferta estaba “sobredimensionada”. O Noitebus nacera en tempos do bipartito como unha alternativa segura, cómoda e asequible respecto ao uso do vehículo particular, sobre todo de cara a mellorar a seguridade dos máis novos nos desprazamentos que realizan no tempo de lecer

Basilio Iglesias Autos González
O servizo seguirá funcionando entre Vigo e Redondela
Horarios e prezos
O servizo nocturno prolóngase ata as 4:30 da madrugada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará