Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR ficha a Javier Barrios para saír do pozo

RR_Noticias

O equipo redondelán comeza hoxe unha nova etapa. Despois da destitución de Mingos Dacunha o club optou por fichar a un técnico de recoñecido prestixio. Javier Barrios, que ocupou o banco de equipos como o Octavio ou Teucro, aterra en Redondela co obxectivo de “sacar do pozo” ó Peguform SAR, actualmente en postos de descenso da Primeira Nacional.

O día 15 de xaneiro o Peguform Sar volve á competición, será nun partido en Redondela contra o OAR Coruña. Esa será a presentación oficial do novo adestrador diante da afección, aínda que antes terá tres semanas de duro traballo cos xogadores. Javier Barrios toma hoxe as rendas do equipo, esta tarde dirixirá o seu primeiro adestramento da SAR, despois de ter pasado polos máis grandes equipos do balonmán galego, como o Octavio ou o Teucro. Protagonizou tamén unha exitosa experiencia en Italia e a última foi en Lalín. Coa fichaxe deste adestrador con brillante currículum, o obxectivo do club é marcar “un cambio de rumbo”. Os resultados do equipo redondelán nesta temporada non estaban a ser os marcados pola directiva, e ante os fracasos das últimas semanas decidiron facer efectiva a destitución do adestrador, Mingos Dacunha. A chegada de Barrios, que mesmo levou ó Octavio a disputar a Copa Asobal, foi unha sorpresa. Agora a intención do club é que a súa incorporación sirva de revulsivo para marcar un punto de inflexión. O obxectivo é saír cando antes dos postos de descenso que agora ocupa o equipo redondelán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará