Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Condenado a dous anos de cárcere un futbolista do Magosto de Reboreda por morderlle a un rival

RR_Noticias

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo condenou a dous anos de cárcere ao xogador de fútbol afeccionado Celso D.F., redondelán de 37 anos e xogador do Magosto de Reboreda, por morderlle e arrincarlle un cacho do nariz a un rival durante un partido no campo do Sampaio de Vigo, o 1 de novembro do 2009. O autor da lesión deberá abonar ademais 7.847 euros á súa vítima.

A agresión produciuse cando Elías G.C., un futbolista do equipo local O Sampaio, agarrou a un xogador visitante. En medio da liorta o imputado meteuse na rifa, achegouse por detrás a Elías, virouno, mordeulle no nariz e arrincoulle un cacho, que logo cuspiu ao chan.
O agredido precisou de oito días de hospitalización e de sesións de cirurxía estética cada quince días para implantarlle enxertos de carne no nariz. Como resultado quedouse unha cicatriz no rostro de 1’5 centímetros. Ademais estivo catro meses de baixa laboral e tivo que seguir tratamento psicolóxico.
O xuíz aprecia unha lesión psíquica e un prexuízo estético «claro» e reprocha ao agresor que actuase «de súpeto, de xeito inesperado e polas costas».
O maxistrado entende que a autoría pro parte do acusado do delicto de lesións está probada polo que lle impón ao acusado dous anos de prisión e a indemnizar á vítima con preto de 8.000 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará