Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Kepa Junquera e Antonio Placer imparten clases en San Simón

RR_Noticias

O músico bilbaíno abordará a técnica e interpretación de instrumentos vascos, como a trikitixa, o pandeiro, a txalaparta de madeira e a txalaparta de pedra. Antonio Placer, autor galego afincado en Francia, proporá un traballo de creación musical a partir da improvisación coa voz e as percusións corporais. Ambos os dous encontros desenvolveranse entre o 16, 17 e 18 de decembro. Os interesados poden inscribirse no enderezo web www.masterclassdemusicatradicional.info

Kepa Junquera e Antonio Placer protagonizarán as dúas últimas citas do terceiro ciclo de master class de música tradicional que organiza a Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Os instrumentos tradicionais vascos e a relación entre creación vocal e improvisación serán os eixos temáticos destas clases maxistrais, que se desenvolverán do 16 ao 18 de decembro na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo. O compositor, produtor e músico bilbaíno Kepa Junkera -mestre do acordeón diatónico vasco coñecido como trikitixa- abordará, a modo de obradoiro, a técnica e a maneira de tocar instrumentos tradicionais vascos: ademais da trikitixa, o pandeiro, a txalaparta de madeira e a txalaparta de pedra, entre outros. Tratarase sobre a orixe e a evolución no tempo de cada instrumento e os seus diferentes tipos, tamaños e materiais, as variedades que existen ou existiron no País Vasco, así como o uso que se lles foi dando ao longo do tempo. Na outra clase maxistral, que leva por título Creación vocal e improvisación, Antonio Placer, cantor, compositor e poeta galego afincado en Grenoble (Francia), proporá enfocar a creación musical a través do traballo de improvisación, usando a voz e as percusións corporais cos tempos de composición. Para isto, levaranse a cabo exercicios de tonicidade, respiración, relaxación, xogos vocais musicais, xogos de ritmos e percusións corporais. O resultado será a unión da voz ao corpo, ás súas capacidades de expresión, intención e emoción. Cada master class ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos. Estes son seleccionados directamente polos mestres en función dos seus méritos e deben achegar os seus propios instrumentos como requisito de participación. O prezo da matrícula é de 50 euros. Os interesados, que poden ser músicos xa profesionais ou estudantes de escolas de música e conservatorios, aínda teñen a posibilidade de realizar a inscrición en liña a través da páxina web www.masterclassdemusicatradicional.info.

Xosé Manuel Aldea productora Ouvirmos
Clases especializadas en San Simón
Dous artistas internacionais
A trikitixa e a improvisación vocal centrarán os temas das clases de Junkera e Placer

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará