Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consello parroquial de O Viso rexeita a construcción da A-59

RR_Noticias

Os membros deste órgano solicitarán a creación dunha comisión de seguimento das actuais obras do AVE que se están a realizar na parroquia para esixir que se respeten os mananciais, a reposición de camiños de paso e intentar paliar as molestias e danos que está a causar esta actuación

O Consello parroquial de O Viso aprobou na última das súas xuntanzas manifestarse por maioría contra o trazado e a construcción da futura autovía A-59. Asemade os seus membros acordaron analizar o proxecto do MInisterio de Fomento unha vez estea realizado coa finalizade de presentar as alegacións que se consideren oportunas.
Un consello no que se abordaron tamén as prexudiciais consecuencias que para a parroquia están a ter as obras do AVE, motivo polo que se acordou pedir ao Concello de Redondela a creación dunha comisión de seguimento coa finalidade de velar pola conservación dos mananciais, a reposición de camiños de paso e intentar paliar as molestias e danos que poidan ocasionar a realización de ditas obras.´
Finalmente os representantes dos colectivos presentes no consello acordaron por unanimidade propoñer á Deputación de Pontevedra a creación de beirarrúas dende o Pereiro ata a Igrexa e solicitar ademais un paso de peóns no cruce do Campo de fútbol, ante a perigosidade que supón cruzar en dita intersección. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará