Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“En castellano no hay problema” na Casa da Cultura

RR_Noticias

A presentación do libro terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura e contará coa intervención do autor dos textos e presidente da Mesa Carlos Callón e o representante de Edición Xerais Xosé Manuel Moo. A presentación correrá a cargo do presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística, Xandre Vázquez.

Este libro fai un repaso da situación da lingua galega durante os últimos tres lustros, e achega tamén un convite á reflexión e á implicación individual e colectiva para conseguir a normalización da lingua propia de Galiza. Ademais analiza as últimas medidas dos gobernos galegos en materia de política lingüística e intenta achegar solucións para superar os prexuízos e os argumentos máis estendidos en contra da normalización real e do prestixio social da lingua galega. De feito as súas alternativas convidan ao protagonismo individual para transformar a sociedade, e alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos. O acto comezará ás 20:00 horas na Casa da Cultura e está aberto a toda a cidadanía.

Xandre Vázquez Mocidade pola Normalización
Un libro para a reflexión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará