Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mulleres do programa Clara recuperan a vexetación de ribeira no Alvedosa

RR_Noticias

Restaurar a ribeira do río ao seu paso pola parroquia de Reboreda e restaurar paisaxísticamente a zona da punta en Cesantes son as dúas actuacións que levarán a cabo a partir de xaneiro 11 mulleres que están a participar no programa Clara de inserción socio laboral.  

O curso en restauración, reforestación e paisaxismo terá dous meses de duración e permitirá ás súas participar adquirir as capacidades para traballar no sector xa que ademais dunha pequena parte teórica a formación contempla a posta en marcha de dous proxectos reais na zona da Punta en Cesantes e na ribeira do río Alvedosa en Reboreda. Na zona de Cesantes o proxecto contempla a plantación de árbores e arbustos na zona de punta, lugar no que dende a Concellería xa se realizou un traballo anterior co obxectivo de recuperar medioambientalmente o lugar. A segunda actuación desenvolverase na ribeira do río Alvedosa á altura de Reboreda e consistirá en substituír os eucaliptos, acacias e outras árbores que naceron no lugar logo de que a zona resultara queimada no 2006 con vexetación propia do lugar como amieiros ou freixos. As participantes terán a oportunidade así non só de recibir unha formación útil de cara á súa inserción no mercado laboral, senón tamén comprobar cal é o resultado do seu traballo participando de proxectos reais.

Pili Araujo monitora
Un curso que servirá para a inserción laboral das mulleres
Actuación en Cesantes
Unha parte do proxecto desenvolverase na praia da punta
Recuperación das ribeiras do Alvedosa
Plantación de árbores propias do lugar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará