Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban 500 metros de cable do tendido eléctrico en Saxamonde

RR_Noticias

Os feitos tiveron lugar na madrugada de onte. Segundo información da policía local,
os ladróns subtraeron o cable que subministra enerxía ao alumeado municipal nun tramo de 500 metros deixando sen luz a estrada que vai dende o barrio de Casal do Monte ata Vilar, no entorno de Chan das Pipas.

Esta é a segunda vez en tan so dous meses que se produce un suceso destas características na parroquia de Saxamonde. O pasado 15 de setembro o mesmo barrio sufrira o roubo doutros 1.200 metros de cable. A substración de cable eléctrico faise para extraer o cobre do seu interior, un metal que se ten revalorizado nos últimos tempos ata achegar a multiplicar por catro o seu valor na última década, pagándose a día de hoxe ao redor de cinco euros o kilo.
Roubo en Vilar
A principios deste mes de novembro outro suceso semellante deixara sen subministro de enerxía eléctrica o tramo comprendido entre a Fonte da Lata e a cabeceira do aeroporto de Peinador. Nesa ocasión os ladróns fixéranse con 600 metros de cable do tendido público por valor de 1.200 euros
As consecuencias deste tipo de roubos, cada vez máis estendidos en toda a comunidade,  non son só económicas, xa que provocan importantes prexuízos para os veciños ao deixar sen alumeado público as zonas afectadas.
Ademais da dificultade de dar cos autores destes roubos, hai que engadir que os ladróns, unha vez identificados e localizados, vense beneficiados polo feito de que estas subtraccións estean tipificadas como simple furto dada a falta de valor patrimonial do obxecto roubado e que polo tanto non leven aparelladas penas de prisión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará