Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG comunicará o sábado o seu candidato á alcaldía

RR_Noticias

O ruxe-ruxe na vila fala de cambio, pero dende o BNG nin se confirma nin se desminte. Entenden que é preciso “cumprir os trámites” e non será ata o vindeiro sábado cando no transcurso da Asamblea local se dea a coñecer a candidatura que o partido presentará ás vindeiras elección municipais.

O propio concelleiro Carlos Pazos eludía calquera tipo de manifestación respecto a candidatura que o seu partido presentará aos comicios de maio e remitíase á asemblea local que se celebrará o sábado as 18:00 horas. Pola súa banda o responsable local do Bloque, Xoán Carlos González anunciou que será unha única candidatura a que se presente a esa asemblea pero evitou adiantar as persoas que conforman a lista, composta por 11 nomes. Si falou do obxectivo do BNG para as municipais “medrar ata chegar a ser a primeira forza política”.

Carlos Pazos concelleiro do BNG
O nacionalista remítese á asemblea do sábado
Xioan Carlos González responsable local
Aspiran a ser o grupo maioritario no grupo municipal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará