Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso celebra o seu primeiro magosto furtivo co reparto de 100 kilos de castañas

RR_Noticias

Unha carpa instalada no Torreiro da Festa da Teixeira no Viso acolle o vindeiro sábado ás 17:00 horas un magosto no que ademais das castañas non faltará a música e as actividades para grandes e cativos.

A Asociación cultural Santa María do Viso e o grupo de música tradicional Tanto Nos ten son os encargados da organización deste “I magosto furtivo” no que se repartirán cen quilos de castañas entre todos os asistentes. Contarase cunha carpa e como condimento ás castañas ofrecerase un programa lúdico musical cunha importante compoñente participativa. Haberá xogos tradicionais e obradoiros para rapaces e rapazas mentres que a música correrá a cargo do home orquestra Ce Orquestra Pantasma, os regueifeiros Trioliro e a música tradicional de A Requinta da Laxeira. Os malabares correrán a cargo de Peter Punk e como fin de festa haberá unha foliada aberta a todos os asistentes.
Na organización do magosto e do resto das actividades participan a Concellería de Cultura, a Asocociación xuvenil Xoeira e a Tenda de Concha. Realizarase no Torreiro da Festa da Teixeira -Monte da Gándara- o sábado 27 de novembro a partir das 17h

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará