Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden dous anos de cárcere para un futbolista do Magosto de Reboreda por morderlle a un rival

RR_Noticias

Onte sentouse no banco dos acusados un xogador do equipo Magosto de Reboreda, Celdo D. F. Acusado dun delicto de lesións. O fiscal pide para este futbolista dous anos de cárcere por terlle arrancado a outro un cacho do nariz a mordeduras durante un encontro disputado o 1 de novembro do ano 2009.

A agresión produciuse no campo local do Sampaio preto de A Madroa na festividade de Todos Os Santos do ano pasado. O acusado, Celso D.F. negou onte a agresión no xuízo que se celebrou no xulgado do penal número 2 de Vigo, pero a vítima recoñeceuno no banco e outros dous rivais o identificaron como a persoa que cuspiu o cacho de carne no céspede do campo logo do enfrontamento entre os xogadores.
O agredido precisou de oito días de hospitalización e de sesións de cirurxía estética cada quince días para implantarlle enxertos de carne no nariz. Como resultado quedouse unha cicatriz no rostro. Ademais estivo catro meses de baixa laboral e tivo que seguir tratamento psicolóxico.
O suposto agresor declarouse inocente dos cargos que se lle imputan e asegurou que só presenciou unha discusión entre varios xogadores.
Pola contra o Ministerio Fiscal e a acusación particular acusan ao xogador do Reboreda dun delicto de lesións e solicitan a pena de dous anos de prisión para o acusado e unha indemnización económica de 9.000 euros en concepto de responsabilidade civil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará