Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un programa de divulgación medioambiental recibe unha subvención estatal de 18.000 euros

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente investirá a achega económica procedente do Ministerio nun programa no que se inclúen diferentes actividades relacionadas coa divulgación da riqueza medioambiental do municipio. As actividades enmarcadas no proxecto están dirixidas principalmente á poboación escolar. Haberá tamén accións dirixidas ás comunidades de montes e á poboación en xeral.

O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía a través da Fundación Española para a Ciencia e a tecnoloxía (FECYT) ven de conceder unha subvención ao departamento de medio ambiente de Redondela para desenvolver un programa divulgativo sobre a riqueza medioambiental do municipio. O programa elaborado pola empresa Integra céntrase principalmente nos alumnos de secundaria, aínda que tamén haberá accións dirixidas as comunidades de montes e á poboación en xeral. O concelleiro de medio ambiente Carlos Pazos entende que con esta achega económica de 18.000 euros o Ministerio recoñece o traballo desenvolvido dende o seu departamento xa que “só se concedeu a subvención ao 5% dos proxectos presentados”. David Brown da empresa Integra explicaba que a principal actuación recollida no proxecto premiado está dirixida a poboación escolar, concretamente a alumnos dende primeiro de 1º de ESO a primeiro de bacharelato, quen nos vindeiros meses percorrerán os diferentes hábitats e ecosistemas da contorna. Ademais do traballo directo co alumnado no proxecto denominado “Biodiversidade aos teus pes” tamén se contemplan accións con profesorado co obxectivo de que os temas ambientais pasen a formar parte dos recursos formativos que se empregan na aula. O proxecto inclúe ademais da publicación de unidades didácticas, a elaboración dunha exposición itinerante sobre o patrimonio natural e unha xornada dirixida ás comunidade de montes, na que se abordarán as prácticas na xestión forestal e o uso e riqueza dos bosques de ribeira.

Carlos Pazos edil de Medio Ambiente
Unha achega que recoñece o traballo desenvolvido no ámbito medioambiental
David Brown empresa Integra
Actividades orientadas ao alumnado
Accións para o público en xeral
Unha exposición e unha xornada dirixida ás comunidades de montes completan o proxecto
Pili Araujo empresa Integra
Os comuneiros como coidadores dos habitats

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará