Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O futuro do tren de proximidade centrará o debate nas xornadas sobre o ferrocarril en Redondela

RR_Noticias

Expertos no ferrocarril analizarán a situación na que se atopa na actualidade este medio de transporte. Ademais dos relatorios a cargo de Xesús alonso Montero, Francisco Gil e Adela Figueroa entre outros haberá unha exposición de maquetas que se poderá visitar no Multiusos

Plataformas, sindicatos e ecoloxistas acudirán as XI Xornadas Estatais en defensa do ferrocarril público que se van desenvolver os días 5, 6 e 7 de novembro en Redondela baixo o lema “Impulsamos o tren do pobo”. Ë a primeira vez que estas xornadas se organizan en Galicia e a elección de Redondela responde ao importante papel desenvolvido por esta poboación por tratarse dun nó ferroviario. Ademais de afondar no debate aberto na sociedade galega e particularmente na comarca polas obras do tren de alta velocidade, o voceiro da Coordinadora estatal, José Luís Ordóñez explica que é necesario abordar cuestión tan vitais para o futuro do tren como o tráfico de mercancías, os novos servizos ferroviarios e, como non, o tren de proximidade como vehículo de transporte a potenciar no futuro máis inmediato. As xornadas arrancarán ás 16:30 horas do venres coa apertura das salas de exposición do Multiusos onde se poderá visitar unha mostra de maquetas ferroviarias. O día mais intenso será o sábado, xa que dende ás nove da mañá e ata as 20:00 horas iranse desenvolvendo as diferentes mesas de debate e relatorios onde participarán entre outros o enxeñeiro Xosé Carlos Fernández quen falará da loxística do ferrocarril, a representante de ADEGA, Adela Figueroa quen abordará o tren como solución ecolóxica, o xornalistas Francisco Gil ou o escritor Xesús Alonso Montero Todas as actividades, que se prolongarán durante a mañá do domingo, están abertas a todos os veciños

José Luis Ordóñez Coordinadora estatal del Ferrocarril
O programa inclúe exposicións e relatorios
Contidos dos debates
O tren de proximidade ou o ransporte de mercancías serán algíns dos temas que se aborden na fin de semana
Investimentos discutidos
A situación actual do tren é un tema a debate

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará