Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O muro de Berlín recupera o seu aspecto orixinal en Redondela

RR_Noticias

O artista Suso Ben rematou xa os traballos de rehabilitación dos dous cachos de muro que obran en poder do Concello e que está previsto que decoren o paseo da Xunqueira. Foron tratados cun líquido para preservar o seu estado no futuro.

O artista Suso Ben explica que as labores de limpeza foron “moi delicadas” xa que é preciso o uso de produtos especiais para deixar as pezas co seu aspecto orixinal. Así, logo de varios meses de traballo, da por rematado o proceso de rehabilitación de ambas as dúas pezas do muro de Berlín que obran en propiedade do Concello de Redondela. A actuación desenvolvida no Multiusos da Xunqueira perseguía eliminar a morriña e o musgo que se fora pousando na superficie da pedra logo de varios anos colgados dun dos piares do viaduto Vigo-Madrid. O obxectivo era que ambas as dúas pezas recuperaran o seu aspecto orixinal, isto é que manterán as cores e as imaxes que lucían cando se atopaban en Berlín. Para isto Suso Ben empregou diferentes produtos que permitiron eliminar o verdello sen alterar os graffitis orixinais. As dúas pezas históricas esperan xa a súa nova ubicación, que nun principio está previsto sexa no paseo da Xunqueira. No novo emprazamento as pezas protexeranse das inclemencias meteorolóxicas ou de calquera actuación vandálica con paneis de metacrilato. Os dous bloques de formigón foran traídos de Alemaña a principios dos anos 90 por un emigrante, Manuel Figueroa Suárez e doadas posteriormente ao concello para que se expuxeran ao público como lembranza da caída do que fora un muro que separara a zona de Berlín Oriental da occidental ata a súa caída no ano 1989.  

Suso Ben responsable da rehabilitación
Un traballo moi delicado
Evitar actos vandálicos
O metacrilato protexerá as pezas das inclemencías meteorolóxicas e de actos vandálicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará