Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home en Cabanas por incumprir unha orde de afastamento

RR_Noticias

A policía local detivo na fin de semana a tres homes, dous deles por cometer delictos relacionados co tráfico e un terceiro por incumprir unha orde de afastamento que lle tiña prohibida a entrada en Redondela
 

Foi a propia vítima quen alertou cunha chamada á policía local de que vira ao seu ex compañeiro nas inmediacións da súa vivendas en Cabanas. O agresor, un home que responde ás inicias de M.D.M. de 62 anos de idas tiña unha orde de afastamento e ademais o xuíz tíñalle prohibida a entrada en todo o termo municipal de Redondela. A pesar desta prohibición, cando os axentes chegaron ao domicilio da muller, atoparon a súa ex parella agochada nas inmediacións. Con todo, ante o mal estado físico que presentaba, xa que non tomara un medicamento que tiña prescrito por cuestións de saúde, foi trasladado ao Hospital Meixoeiro onde quedou ingresado.
Os outros dous detidos na fin de semana teñen que ver con delictos relacionados co tráfico. Así ás 22:15 horas de onte luns os axentes detiñan na parroquia de Cesantes a C.G.F. de 52 anos de idade acusado de quebrantamento de condena e un suposto delicto contra a seguridade do tráfico. O home foi detido cando cometeu unha infracción. Os policías comprobaron que carecía de seguro do vehículo, tiña o carné de conducir retirado pola perda total de puntos e a maiores deu positivo na proba da alcoholemia.
Tamén na xornada do sábado un home de 54 anos de idade S.C.A. veciño de Reboreda foi trasladado á comisaría e posto a disposición xudicial logo de ser detido na rúa Xeneral Rubín e negarse a realizar á proba de alcoholemia a pesar de presentar signos evidentes de que se atopaba baixo os efectos do alcol.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará