Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas aposta por un acordo político en defensa do territorio

RR_Noticias

O candidato do PP a Alcaldía de Redondela, Javier Bas Corugeira, confía en lograr a maioría absoluta nos próximos comicios municipais. Para iso contará cun equipo onde haberá caras novas pero no que estarán tamén algúns dos actuais integrantes do grupo municipal.

O candidato do PP á alcaldía de Redondela amósase confiado no seu futuro político a pesar de carecer de experiencia neste campo. Asegura que a súa candidatura está apoiada nun “gran equipo” que está a traballar arreo para conformar un programa “no que se recollan as demandas dos veciños e as necesidades de todas as parroquias”. Para iso conta cun “grupo unido” palabras que emprega para rexeitar categoricamente que no seo do grupo popular local exista división interna, a pesar de que algún ruxe-ruxe si o apuntara logo da marcha de Francisca Canal. A través do traballo de campo, Bas está a recoller as demandas e carencias das diferentes parroquias e apunta algúns dos temas principias que van centrar o seu programa electoral: construír un polígono industrial, crear unha rede de transporte interparroquial eficaz e potenciar o turismo no municipio. En canto as infraestruturas viarias aposta pola A-57 e a súa conexión con Peinador a través da variante 11 en detrimento da A-59 (Pontevedra-Vigo) e defende que se paralice a ampliación da AP-9.  Anuncia que proporá e promoverá a unión de partidos políticos e asociacións veciñais para crear un proxecto conxunto en defensa do territorio A súa meta é acadar a maioría absoluta para dar o relevo a un goberno bipartito que fixo “que Redondela perdera 25 anos respecto doutros concellos limítrofes que si souberon avanzar”.

Javier Bas candidato do PP
Un equipo unido e un partido sen fisuras
Un acordo pola defensa do territorio
O PP aposta por paralizar a A-59 e a ampliación da AP-9
Críticas á xestión do bipartito
Bas asegura que Redondela ten os mesmos problemas que hai 25 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará