Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sar e Chapela non logran superar aos seus rivais nun aciago fin de semana para o balonmán local

RR_Noticias

O Paraxe Construcciones perdía por tan só un tanto na súa visita ao campo asturiano do Gijón. A SAR caía ante o Calvo Xiria, nun encontro sen oportunidades para os de Redondela

Enfado monumental no equipo de Chapela ante a actuación arbitral xa que a pesar de desenvolver un bó xogo, as decisións dos colexiados nalgúns dos momentos claves do partido marcaron unha nova derrota para os chapeleiros que caían por 24 goles a 23.
O Paraxe Chapela sitúase na sexta praza da categoría e na vindeira xornada desprázaranse á casa do Magope, equipo que se atopa a tan só un punto dos redondeláns.
Pola súa banda, a Sar, que tamén xogaba fora da casa, non foi quen de superar ao Calvo Siria, equipo superior e que deixou sen opcións ao Peguform. Os de Redondela estiveron todo o encontro en mans do Calvo Siria que foi o claro dominador do xogo. A resistencia dos visitantes só durou quince minutos e a partir dese momento os locais non deron tregua ata ir aumentando a diferenza no marcador ata chegar ao final cun contundente 35 a 28.
O búlgaro Vladkov volveu ser o principal argumento ofensivo dos de Redondela ao anotar sete goles, aínda que non foi suficiente para ter opcións. A SAR atópase na antepenúltima praza e na próxima cita enfrontaranse contra o líder, o Porriño. Un interesante encontro que se vai xogar na Bomboneira en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará