Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro de sombras e música clásica para pechar o MusiCámara

RR_Noticias

A Compañía Viravolta títeres presenta o espectáculo “historia do soldado” baseado no conto popular ruso musicado para trío, piano, violín e clarinete. o espectáculo pdoerá verse o venres ás 20:00 hroas no Multiusos con entrada de balde.

Baixo a dirección de Anxo García o grupo de títeres nos achega a unha historia onde o demo volve ter un papel protagonista. Ao longo de 50 minutos coñeceremos o drama dun soldado que enganado polo diaño se converte en desertor e é rexeitado pola súa familia. Todo comeza cando o demo escoita ao soldado tocar o seu violín e, marabillado pola música proponlle un troco: o violín por un libro marabilloso. O soldado acepta pero o demo quere chegar a ser un violinista destacado e prégalle que en tres días lle ensine a tocar, tres días que para o soldado serán tres anos. Esta representación pecha o MusiCámara, un ciclo que organiza a Concellería de Cultura e que pretende achegar ao público redondelá a música máis culta.

Anxo García director de Viravolta
Un espectáculo onde a música e as sombras van da man

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará