Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños e comerciantes piden máis control policial para que se cumpran as normas de tráfico

RR_Noticias

As obras de humanización no centro da vila supuxeron un importante cambio no tráfico da zona, e tamén nos aparcadoiros. Veciños e comerciantes amósanse satisfeitos co resultado, pero lamentan que moitos condutores utilicen as beirarrúas de aparcadoiro. Algúns negocios demandan tamén que se permita carga e descarga en horario de tarde.

Moito cambiou a imaxe do centro da vila nos últimos tempos. As obras de humanización melloraron o centro de Redondela, pero tamén supuxeron moitas modificacións no tráfico e nos aparcadoiros. As rúas do casco vello, agora peonís, están cortadas á circulación cun sistema de bolardos retráctiles. O sistema ábrese de 9.00 a 12.00 horas para que poidan pasar os vehículos para carga e descarga. Ademais os veciños que teñen garaxe dispoñen dun mando que poden utilizar para acceder libremente. Algúns negocios quéixanse da limitación horaria, e piden tamén un horario de tarde para carga e descarga. Outros veciños, desde o punto de vista do peón, lamentan que agora os condutores incumpran a normativa e estacionen enriba das beirarrúas. Por iso piden máis control policial para evitalo. Pero en xeral, os veciños e comerciantes amósanse moi satisfeitos coa medida, que favorece o tránsito dos peóns e fai a vila máis agradable. Agora falta que os condutores cumpran. Para moitos é unha cuestión de “cambiar costumes” e ser “respectuosos” coa normativa e cos demais cidadáns. Aínda que algúns recoñecen que ás veces deixan o coche mal estacionado, son conscientes de que non supón un problema achegarse ata o campo da feira ou a avenida Mendiño para estacionar, e despois facer a pé as compras ou xestións. Ademais, comparado con outros Concellos, a situación é mellor xa que hai aparcadoiro de balde. De feito son moitos os que estacionan no campo. O actual sistema con disco horario, co obxectivo de favorecer a rotación de vehículos, é valorado positivamente polos usuarios. Veciños como Ana, Alberto, Manuel ou Lucía, coinciden en que é un “bo sistema”, que dá tempo suficiente “para facer xestións ou compras”, e é “máis doado atopar sitio”. Para os que precisen deixar o coche aparcado todo o día, as alternativas están ó longo da avenida Mendiño.

Máis control dos aparcadoiros
Os veciños denuncian que os condutores non respetan as normas e aparcan na beirarrúa
Concienciar ós condutores
Os veciños recoñecen que é preciso cambiar os costumes e estacionar no Campo da Feira
Disco horario
Os usuarios do aparcadoiro do Campo da Feira valoran positivamente a rotación de vehículos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará