Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A máxima cúpula do PP arroupara a Javier Bas na súa presentación oficial como candidato

RR_Noticias

O acto terá lugar o sábado 23 de outubro no Multiusos da Xunqueira e espérase a presenza do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo e doutros altos cargos do partido

O candidato á alcaldía de Redondela polos populares, Javier Bas será presentado oficialmente ante a cidadanía nun cto que se desenvolverá o día 23 de outubro ás 17:00 horas no Multiusos.
O actual director de Caixa Galicia estará arroupado pola cúpula do seu partido en Galicia. De feito, espérase a presenza do presidente da xunta. Alberto Núñez Feijoo e do presidente da deputación Rafael Louzán.
Javier Bas contará tamén co apoio da xestora do partido onde están presentes entre outros o voceiro do PP, Alberto Pazos e Arturo González.
Coa presentación oficial o PP local pecha un proceso de renovación que se abrira a finais do pasado ano coa dimisión da que fora nos últimos anos a súa presidenta, Francisca canal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará