Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Anpa de Cedeira reclama un profesor de audición e linguaxe para o Centro

RR_Noticias

Responsables da Consellería comprometéronse hoxe a estudar a petición de pais e nais logo de que os representantes da Anpa se reunisen en Santiago con Xefe de servicio do profesorado de Infantil e primaria.

A asociación de pais e nais do colexio de Cedeira protagonizou hoxe en Santiago unha numerosa protesta para reclamar á Consellería de educación a concesión dun mestre especialista en audición e linguaxe a tempo completo. O colectivo de pais, xunto con familiares e veciños dos alumnos do centro, concentráronse no exterior do edificio da Xunta de San Caetano para expresar o seu rexeitamento á decisión de educación de que este especialista sexa compartido con outros tres centros escolares: a escola infantil de San Pedro de Cesantes, a de Ventosela e o colexio de Laredo. Os afectados explican que esto tradúcese en que o profesor só poida exercer a súa actividade en Cedeira dous días a semana. Dende a Anpa xustifican a súa demanda pola escolarización no centro de tres nenos con necesidades educativas especiais. Recalcan ademais que a reducción no horario do profesor responde a unha campaña de reducción de gastos por parte da Consellería e que isto repercute na calidade do ensino e particularmente neste caso na atención a eses rapaces con necesidades especiais, que precisan agora de mais apoio porque dous dos rapaces pasaron xa a primaria. Pais e nais confían en que a reunión mantida hoxe co Xefe do servicio do profesorado de infantil e primaria serva para que a Consellería atenda as súas peticións. Este departamento comprometeuse a darlles unha resposta o vindeiro mércores.

Sonia Alvarez Anpa de Cedeira
Pasi e nais xustifican a necesidade dun profesor de audición e linguaxe a tempo completo
Máis necesidades
Afirman que as necesidades lonxe de diminuir aumentaron neste curso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará