Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco aspira a gañar no Revel a un Sanxenxo presionado polos malos resultados

RR_Noticias

A goleada dos redondeláns sobre o Arousa supón unha inxección de moral para o equipo, que confía en que esta sexa “un punto de inflexión” para cambiar a situación do Choco. Para referendar ese cambio no equipo buscarán unha vitoria no campo do Sanxenxo, rival que atravesa unha complicada situación ó non ter gañado aínda ningún partido.

A vitoria por goleada sobre o Arousa supón “un punto de inflexión” nesta liga para o Choco, que despois de seis xornadas, aínda non coñecía a vitoria. O adestrador, Julio Álvarez, salienta o positivo do resultado (5-1), non só polos tres puntos tan necesarios, senón porque supón unha “inxección de moral” para o equipo. Álvarez salientou que sempre confiou na calidade do cadro de xogadores, pero explica que o inicio de temporada estivo marcado por “dinámica negativa” na que sumaron varias lesións de xogadores importantes, “moitas delas na defensa”. A iso hai que sumar que se trata dun equipo novo, en gran parte, xa que houbo ata dez altas. En canto ós obxectivos para a presente temporada, o técnico ten claro que o prioritario é “a permanencia”, que debe garantirse “canto antes”, e sinala que nunha liga tan competitiva fixarse outra meta “sería un erro”. Con todo, se os resultados acompañan e poden aspirar a optar pola permanencia, Álvarez asegura que non van renunciar “a nada”, tal como fixeron o ano pasado, cando loitaron polo salto a Terceira ata a última xornada. Pero no Choco son conscientes das dificultades desta categoría e a súa premisa é ir “paso a paso”. Agora o único obxectivo é “gañarlle ó Sanxenxo”, e así referendar ese cambio de rumbo despois da vitoria do pasado domingo. O adestrador entende que o partido do domingo no Revel será “moi complicado”, nun campo de dimensións reducidas e polo tipo de xogo do Sanxenxo, cunha férrea defensa e buscando as xogadas de estratexia. Ao seu favor o Choco pode ter o feito de que os locais saian ó terreo de xogo con máis presión, xa que aínda non sumaron ningunha vitoria nesta liga (acumulan catro empates e dúas derrotas), e os seus resultados están “por baixo das expectativas”.

Julio Álvarez adestrador
O obxectivo do Choco é a permanencia aínda que non van renunciar a outras metas.
Sanxenxo-Choco
Os redondeláns buscarán unha vitoria no difícil campo do Revel

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará