Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco adiántase ó Dorneda na promoción de ascenso

RR_Noticias

Os redondeláns gañaron pola mínima en Oleiros, e a eliminatoria decirase o próximo domingo en Santa Mariña. Na Primeira Autonómica o Arcade garantiu a permanencia ó gañar no campo do Juvenil.

Preferente AutonómicaDorneda 0- Choco 1Os redondeláns xogaron onte en Oleiros o encontro de ida da eliminatoria dos terceiros clasificados na Preferente Autonómica Norte e Sur. O gañador podería optar a algúns dos postos que poderían quedar vacantes en Terceira no caso de ascenso de algún dos equipos que están disputando a fase de ascenso a Segunda División B. No choque disputado en Oleiros os de Julio Álvarez foron superiores, e o Dorneda só inquietou nos primeiros minutos. O Choco fíxose dono do partido rapidamente, aínda que con 0-1 e tras o descanso, os visitantes entregaron o balón. O vencedor decidirase en Santa Mariña o próximo domingo, aínda que terá que esperar que Cerceda e Coruxo ascendan a Segunda B. Unha carambola complicada, pero non imposible.
 Primeira AutonómicaJuvenil 2- Arcade 4
Os de Jacobo Montes conseguiron a tan esperada salvación despois dos altibaixos desta temporada. Os dous equipos tiñan moito en xogo, e notouse, cun partido moi trabado. Os de Arcade chegaron ó campo rival arroupados pola súa afección, e saíron ó terreo de xogo arrasando. Anotaron o primeiro gol no minuto 13, e o 0-2 chegaría cando ían ó descanso; Fede e Hugo eran os que abrían o marcador. No minuto 68 Fede repetía na portería rival, e no 75 o mesmo xogador anotaba o seu terceiro gol, poñendo o 0-4. O Juvenil non reaccionou ata pasada media hora da segunda parte. No minuto 76 chegaba o gol dos locais, obra de Erga. No minuto 79 Juan anotaba para o Juvenil o 4-2 que seria xa definitivo. O Arcade(10ª), xa salvado, despedirá a liga o domingo, recibindo na casa ó Domaio (9º).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará