Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian ao avó do neno falecido en Pazos por aforcar ao pit bull

RR_Noticias

O neno fora agredido polo can na tarde do 15 de maio. Logo do accidente que lle provocou a morte, o avó do menor sacrificou ao animal propiedade da familiar. A asociación Justicia Animal expresou á familia a súa “sinceira dor” pero decidiu presentar unha denuncia ante o Seprona porque “o seu cometido é protexer os dereitos dos animais”.

A asociación Justicia Animal ven de presentar unha denuncia contra o home que hai dúas semana aforcou ao can de raza pit bull despois de que este animal atacara ao seu neto de dous anos quen morreu a causa da agresión. Logo do suceso, que aconteceu en Pazos de Borbén o padado 15 de maio, o avó do neno sacrificou ao animal, propiedade da familia. A asociación, quen traslada á familia a súa “dor sinceira” engade que o seu cometido é protexer os dereitos dos animais e que o aforcamento do can pode ser delicto de maltrato animal.
Por este motivo a presidenta do colectivo, Matilde Cubillo, explica que a dor do avó non xustifica a súa decisión de matar ao animal xa que segundo engade o ataque “produciuse como consecuencia dunha imprudencia do propietario, quen non se asegurou de que estivera correctamente pechada a porta do cercado onde se atopaba o can”.
Justicia Animal xustifica a presentación da denuncia ante a Xefatura do Seprona de Madrid subliñando que “non facelo sentaría un precedente que podería converterse en referencia de impunidade de cara ao futuro”.
A día de hoxe as pescudas continúan logo de que a Carda Civil decidise imputar ao pai do neno por un presunto delicto de homicidio por imprudencia. Aínda está a espera de declarar non xulgados de Redondela onde se está a instruír o caso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará