Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras do AVE en Redondela empregarán a 91 novos operarios

RR_Noticias

Unha reordenación do horario laboral obriga á empresa adxudicataria a incrementar o número de operarios que traballan nas obras do tren de alta velocidade. Esta reordenación prodúcese despois das denuncias presentadas ante a Inspección de Traballo pola CIG a causa do exceso de horas traballadas e as condicións laborais que se están a dar na citada obra.
 

A empresa adxudicataria das obras do AVE en Redondela (UTE ACCIONA-FOMENTO) contratará a 91 novos operarios debido á reordenación da xornada laboral.
Unha reordenación que se produce logo de que a CIG presentase numerosas denuncias ante Traballo polo exceso de horas traballadas na obra.
As denuncias do sindicato nacionalista no que respecta ás obras do AVE céntranse no exceso de xornada laboral, nas condicións salariais moi inferiores ás pactadas en convenio colectivo e nas condicións de seguridade, tendo en conta que a lexislación vixente establece que en labores subterráneas (interior do túnel) non se poden realizar horas extraordinarias.
A raíz da labor da inspección desaparecen as quendas de 12 horas, obrigándose á UTE ACCIONA-FCC á realización de 3 quendas de 8 horas, o que na práctica supón a creación de 91 postos de traballo.
En relación coas condicións nas subcontratas desta obra, un acta da Inspección de Traballo corrobora as denuncias sobre as irregularidades existentes. Así constatouse que os operarios de determinadas subcontratas realizaban ata 294 horas mensuais (o convenio colectivo estipula unha media de 160), horas que non son pagadas nas cantidades estipuladas, o que segundo os cálculos da Federación da Construción e Madeira da CIG significa unha estafa media anual a cada traballador que rolda os 6.000 €. Sen ter en conta que os traballadoras destas empresas nin gozan de vacacións, nin xornadas festivas, ademais de que, en moitos casos, a indemnización de fin de contrato non se lles abona coa promesa de volver a contratalos en caso de que xurdan novos contratos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará