Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comedia, drama e musical coa “Ruleta Rusa”

RR_Noticias

A compañía Teatro El Zurdo achega a Redondela a súa última obra “La Ruleta Rusa”, de Enric Benavent, dirixida por Luis Bermejo. A cita é no Multiusos da Xunqueira o sábado 29 ás 20.30 horas e o domingo 30 ás 19.00 horas.

O Auditorio da Xunqueira acolle esta fin de semana unha función dobre da compañía El Zurdo, que pon en escea a súa última producción, “La Ruleta Rusa”, escrita por Enric Benavent e baseada en textos de Chéjov, baixo a dirección de Luis Bermejo. Unha obra que, segundo explicaba un dos membros da compañía, Luis Crespo, mistura “as propias contradiccións da vida”. Drama, comedia e musical danse a man nalgo máis de hora e media de espectáculo. No reparto atopamos a Marcos Marín, Tino Martínez, Mónica Monferrer, Paloma Mozo e Fernando Otero. A cita é no Multiusos da Xunqueira o sábado 29 ás 20.30 horas e o domingo 30 ás 19.00 horas. Trátase dunha interesante obra recomendada pola Red Nacional de Teatros Redescena e que obtivo xa importantes galardóns como o premio á mellor interpretación masculina no Festival de Teatro Ciudad de Palencia.

Luis Crespo Teatro El Zurdo
Un gran espectáculo
La Ruleta Rusa
Fragmento da obra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará