Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A man viva de Girovago e Rondella súbese hoxe ao escenario no Multiusos

RR_Noticias

A compañía italiana chega a Redondela con dous espectáculos, un Circo poético que se poderá ver na fin de semana na Praza da Torre e os seus monecos de man esta tarde en dúas funcións no Multiusos da Xunqueira

Unha das poucas “familias de arte” contemporáneas en Italia subiranse hoxe ao escenario coa obra “mano viva”, un mundo fantástico onde as mans, sen palabras, contan historias creando un universo único en miniatura, onde todo é posible e real. Unha montaxe que se poderá ver ás 17:00 e as 20:00 horas no Multiusos aínda que non será este o único espectáculo que nos ofreza a compañía italiano, quen estarán tamén na praza da Casa de Torre o sábado ás 20:30 e o domingo as 18:00 e 21:00 horas. Os cinco membros da familia Girovago e Rondella saen a escena no seu teatro “Circo poético”, os monecos creados con goma espuma e cartón pedra recrean a máxia atmosfera circense con número rápidos de malabarismo, mimo ou equilibrismo.

MIguel Borines
A Compañía italiana presenta en Redondela dous espectáculos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará