Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous atracadores cando tentaban roubar un restaurante en Cesantes

RR_Noticias

Axentes da Garda Civil detiveron na madrugada de onte a dous mozos de 37 e 32 anos, veciños de Tenerife e Pontevedra, como presuntos autores de cinco delitos de roubo con forza, tres deles en grao de tentativa.

Os arrestados foron localizados ás 2:30 horas da madrugada de onte cando tentaban roubar nun restaurante de Cesantes na N-550. Unha hora antes foran sorprendidos por un veciño de Figueirido en Vilaboa cando tentaban atracar unha tenda estanco. Pouco despois fixeron un novo intento nunha gasolineira.
A alerta do veciño permitiu que a Garda Civil activase un dispositivo coordinado que permitiu a súa posterior detención.
Os mozos foron sorprendidos en cesantes cando tentaban acceder a un local de hostalaría. Ao decatarse da presenza da policía abandonaron o seu vehículo e iniciaron unha fuxida a pe que rematou quince minutos despois cando foron localizados nun alboio no que se escondían. No rexistro ao vehículo, que fora roubado o pasado 6 de maio en Pontevedra, incautáronse dunha maza, unha barra de ferro e unha garrafa con gasolina.
Os arrestados contan cun amplo historial delitivo e están vinculado a outrso dous roubos de similares características cometidos nunha gasolineira de Caldas de Reis e nun supermercado de Cambados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará