Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos para desempregados en Soutomaior

RR_Noticias

As persoas que se atopen en situación de busca de emprego poden acceder ao curso de deseño de páxinas web, que lles permitirá programar e xestionar aplicacións multimedia. O segundo dos cursos formará aos alumnos como telefonistas/recepcionistas de oficina. As accións formativas que comezarán o vindeiro 24 de maio  

O Concello de Soutomaior iniciará o vindeiro 24 de maio dous cursos orientados a persoas desempregadas para a súa formación como telefonistas/recepcionistas de oficina ou como deseñadores de páxina web. No primeiro dos casos, o candidato deberá contar como único requisito co graduado escolar e ao longo de 575 horas, que se impartirán en horario de mañá ata o vindeiro 9 de novembro, aprenderá a  xestionar as comunicación internas nunha empresa así como diferentes tarefas de asistencia e apoio administrativo básico. No caso de estar interesados en desenvolver o curso de deseñador web e multimedia, o aspirante deberá contar con estudos de FP1 na rama de informática ou ESO. O horario do curso será de 15:30 a 20:30 dende o 24 de maio ata o 10 de setembro, 375 horas nas que os alumnos aprenderán a deseñar e manter sitios web con ferramentas de última xeración así como crear, programar, xestionar aplicacións multimedia e produtos interactivos. Máis información no teléfono 986 705106

Cynthia López axente de emprego
O curso de telefonista recepcionista durará ata novembro
Deseñador páxinas web
O alumno aprenderá a xestionar aplicacións multimedia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará