Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os textos de Novoneyra escoitaranse o venres en árabe e alemán na Casa da Cultura

RR_Noticias

No acto, que terá lugar ás 20:00 horas, os alumnos dos cursos de alfabetización traducirán ao inglés, francés, alemán e árabe os poemas do homenaxeado este ano no Día das Letras, textos que se recitarán tamén en galego. A continuación actuará o grupo Na Virada

O vindeiro venres a Casa da Cultura acollerá un acto onde se poderán escoitar os poemas de Uxío Novoneyra, escritor homenaxeado este ano co gallo das Letras Galegas no seu idioma orixinal pero tamén traducido a diferentes idiomas (francés, inglés, alemán e árabe) na voz dos alumnos dos cursos de alfabetización de adultos. Será ás 20:00 horas e a continuación haberá unha actuación musical do grupo Na Virada, quen ten musicado algúns dos poemas do homenaxeado. Autobuses a Santiago Por outra banda, dende a Concellería ponse a disposición dos veciños autobuses para acudir a Santiago o 17 de maio, con gallo da manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego. A viaxe é de balde e para reservar asento tan só é preciso chamar ao departamento de normalización ao teléfono 986 40 28 42 en horario de mañá ante do venres 14. A manifestación partirá ás doce do mediodía da Alameda de Santiago baixo o lema “O galego, o noso existir”. As actividades da Concellería continuarán o día 18 coa presentación do Blog da coordinadora dos equipos de normalización dos centros educativos.

Eva García Rei Normalización
O día 14 haberá un recital poético e música na Casa da Cultura
Autobuses a Santiago
A concellería pon prazas gratuitas para ir á manifestación do día 17

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará