Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Belöp, primeiro premio no MúsicaXove

RR_Noticias

A banda redondelá fíxose co premio na categoría de pop-rock logo de imporse aos vigueses Por Placer e aos composteláns Frab Fly, nun concerto celebrado na Sala Capitol en Santiago.

A Sala Capitol recibiu a tres novas promesas do pop galego, tres grupos de diversos puntos de Galicia dispostos a entrar no mercado musical. Tocaron Belöp de Redondela, Por placer de Vigo, e os composteláns Frab Fly na segunda e última final do MúsicaXove 2010, certame organizado pola Concellaría de Xuventude.    
Estes grupos, ademais de tocar nun local tan recoñecido en toda Galicia e a nivel estatal como é a Sala Capitol, competían por gañar este certame e así gravar un CD conxunto co resto de modalidades musicais a concurso. Finalmente, o resultado foi o seguinte: en terceiro lugar situouse o grupo Frab Fly, que recibiu os 500 euros de premio, e en segundo posto os vigueses Por placer, con 1.000 euros de recompensa. O gañador na categoría de pop-rock foi a banda Belöp, que ademais de recibir os 2.000 euros, participará na gravación do traballo discográfico do certame. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará