Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un atracador enfróntase a unha pena de 5 anos polo asalto a unha sucursal de Banesto en Arcade

RR_Noticias

O imputado, un vigués de 40 anos de idade que responde ás iniciais de José C.R. sentouse onte no Xulgado do Penal número 2 de Vigo polo roubo da entidade bancaria en Arcade o pasado 5 de febreiro de onde se tería levado 6.000 euros.

O suposto ladrón, con máis dunha ducia de antecedentes policiais, a maior parte por atracos a bancos e que aínda está pendente de ser xulgado por atracos a sucursais de As neves, Sóutelo de Montes e Arbo, limitouse a contestar ás preguntas dos seus avogados, negou que fose o autor do roubo que se lle imputa en Soutomaior e engadiu que era adicto á cocaína dende hai 15 anos.
Onte pasaron tamén polo xulgado as testemuñas, os gardas civís que participaron no roubo de Soutomaior. Os axentes explicaron que o modus operandi era similar en todos os roubos. O asaltante actuaba a primeira hora da mañá en oficinas pequenas de un só empregado, usaba un arma branca e empregaba un Peugeot 207 cuxas chaves estaban en poder do imputado.
O fiscal considera probada a autoría de José C.R. no asalto mentres que a defensa pediu a súa absolución

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará