Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman medidas para evitar desprendementos de terra nas obras do AVE

RR_Noticias

A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, esixe a Fomento a adopción de medidas de seguridade e protección polo amoreamento de terra debido as obras do AVE no Val do Maceiras. Afirma que se “están a facer montículos de terra de considerábel altura que supoñen un perigo para os veciños con vivendas colindantes”.

Por este motivo rexistrou unha iniciativa parlamentar para demandarlle ao Ministerio de Fomento que adopte medidas de proteción e seguranza polo amoreamento de terras que están a producir as obras de construción do túnel do AVE en Redondela e que poderían provocar desprendementos.
Davila pon de manifesto que se “están a facer montículos de terra en diferentes puntos do municipio e que chegan a ter unha considerábel altura, o que pón en perigo aos veciños con vivendas colindantes”. “O feito de que non teñan ningún tipo de protección, pode levar a desprendementos en situacións de fortes choivas ou fentos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará