Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arcade prepara o partido co Bouzas, o “máis complicado” deste final de liga

RR_Noticias

Despois da derrota co Mondariz, os de Jacobo Montes volven estar na corda frouxa, xa que este ano poderían descender ata seis equipos. O técnico calcula que deben sumar uns nove puntos nas catro xornadas que quedan para salvar a categoría. Esta fin de semana descansan, e o seguinte domingo a cita é co Rápido de Bouzas B. Para o club é o partido máis difícil desta recta final. 

Primeira AutonómicaAta que remate a liga en Terceira e Preferente, non se coñecerá o número de equipos que este ano descenderán de Primeira Autonómica, pero poderían ser ata seis. Esas son as contas que fai Jacobo Montes, técnico do Arcade, xa que ós tres últimos que baixan de categoría “hai que sumar os arrastres” das categorías superiores. Precisamente desas outras ligas estarán moi pendentes esta fin de semana en Arcade, xa que eles descansan. O adestrador confesa que, coa actual posición, vese “en descenso”, xa que despois da derrota co Mondariz son sextos pola cola. Montes lamenta non ter acadado un resultado positivo no partido do pasado domingo, xa que era “un partido clave”, no que o Mondariz os derrotou por 1-2 “inxustamente”. Pero agora deben pensar na seguinte cita ligueira, que será co Rápido de Bouzas B. No club entenden que será “o partido máis complicado” dos catro que restan para rematar a liga, xa que o Bouzas non estará aínda matematicamente salvado e, ademais, poderá contar con xogadores da Terceira División, que xa terán rematado a súa liga. As outras tres citas serán co San Adrián, o Ponteareas e o Domaio. Jacobo Montes fai contas, e calcula que necesitan nove puntos “para asegurar a categoría”, e amósase optimista. Para o adestrador o Arcade está agora “no seu mellor momento”, xa que ven de recuperar catro xogadores importantes, que veñen de varias lesións

Jacobo Montes adestrador
Polas contas do técnico o equipo está en postos de descenso
Arcade-Mondariz
Os de Soutomaior lamenan a derrota

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará