Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de público nuns Maios pouco participativos

RR_Noticias

O maio artístico do grupo “Axóuxeres” faise co primeiro premio nesta categoría mentres que “Os sarillos” gañaron a modalidade de maio tradicional.

Menos participación pero igual éxito de público na celebración da tradicional festa dos Maios. Unha xornada de ceos grises que non desanimou aos redondelás a saír á rúa na mañá do sábado para coñecer de preto os doce Maios que participaron no concurso deste ano e que volveron ter na política e nas obras que se están a realizar na comarca os seus mellores argumentos para as coplas.
As rúas, que estiveron pechadas durante toda a mañá, permitiron aos veciños percorrer con tranquilidade o centro da vila e ver os Maios tanto tradicionais como artísticos que se instalaron ao longo da rúa Ribeira e Xeneral Rubín.
A composición vexetal elaborada por “Axóuxeres” levouse o primeiro premio na categoría de maio artístico, grupo que se fixo tamén co premio á interpretación pola súa coidada vestimenta e pola actuación que deixaron sobre o palco da Alameda. Na modalidade de maior tradicional o primeiro premio foi para “Os Sarillos” mentres que a mellor copla foi para o grupo “Os nenos da placita”.
Unha festa que está a pasar por horas baixas, xa que lonxe quedan aqueles anos onde se superaban os trinta Maios participantes, pero que aínda conta co apoio e o aplauso do público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará