Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A modificación da comisión de seguimento dos servizos privatizados a debate no pleno ordinario

RR_Noticias

Pleno de trámite o que se celebra esta tarde en Redondela correspondente ao mes de abril. Unha sesión ordinaria que modifica a súa hora de celebración xa que vai ter lugar ás 19:00 horas e non as 20:30 como ven sendo habitual.

O único dos punto que a priori parece que crearán debate é o relativo á modificación da comisión de seguimento dos servizos públicos privatizados, unha proposta que chega dende a alcaldía e que afecta á función e composición deste órgano.
Dende o PP esixirán a presencia de técnicos municipais en dita comisión xa que segundo denuncian a proposta do goberno “non contempla a presencia nin da secretaria nin da interventora”.
Segundo denuncian os populares, despois de cinco anos sen convocarse a comisión o goberno local acordou “modificar o regulamento sen consenso cos  grupos políticos que conforman a corporación”.
 Neste sentido, os populares redondeláns reclaman, por unha parte, a presencia da secretaria e da interventora municipais na comisión de seguimento, “cuestión que o Goberno local non contempla”, e, por outra banda, denuncian a actitude tomada polos dirixentes do Concello de levar o asunto directamente ao pleno, previsto para esta tarde, sen ser dictaminado previamente pola comisión informativa correspondente, “privando o debate e o posicionamento respecto da cuestión dos diferentes grupos políticos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará