Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela faise con dúas medallas no Campionato de España

RR_Noticias

Para Redondela viñeron a medalla de prata na categoría cadete masculina e a de bronce na xuvenil feminina. Na categoría absoluta masculina os de Chapela foron 5º na final. Este Campionato de España tivo ademais un marcado acento galego, na nosa comunidade quedaron cinco dos sete títulos disputados, e un total de 15 medallas.

Bateis
O Club de Remo de Chapela fíxose con dúas medallas no Campionato de España. Na proba nacional, disputada esta fin de semana en augas de Ferrol, os de Chapela quedaron no segundo posto na categoría cadete masculina e no terceiro na xuvenil feminina. Na categoría absoluta masculina os de Chapela foron 5º na final. Das catro embarcacións coas que participaban na proba, dúas conseguiron subir ó caixón, un resultado cualificado como moi positivo por parte do club redondelán.
Este Campionato de España tivo ademais un marcado acento galego, na nosa comunidade quedaron cinco dos sete títulos disputados, e un total de 15 medallas.Unha fenomenal actuación dos equipos da terra con Vilaxoán como gran protagonista, vencedor en dúas categorías, seguido de Ares, Rianxo e Samertolaméu, tamén conquistadores dunha Bandeira de Honra cada un. Iguálase así o balance do últimos tres anos con cinco títulos pero mellorando o número de pratas e bronces cun total de 15 medallas polas.
Como se esperaba e vaticinaba en promesas feminino, Ares foi un rival inasequible e gañou con sete segundos sobre Estaleiro, Amegrove e Samertolaméu.En xuvenil feminino o equipo vasco de Zumaia non fallou e gañou con claridade, seguíndolle Robaleira a un barco e Chapela a seis segundos. A final absoluta feminina non tivo cor. Desde as primeiras paladas Samertolaméu foise en solitario, seguida de Náutico de Vigo e Cabo de Cruz. En infantil masculino a tripulación de Vilaxoán mostrouse intratable e gañou con amplitude e autoridade. Seguiulle Cabo Cruz a dous barcos e máis atrás Deusto, Koxtape e Ares. A proba de cadetes foi trepidante. A liña de meta cruzouna Rianxo en primeira posición con Chapela e Tirán no seu ronsel. Unha final magnífica e un podio copado polos remeiros galegos.
En xuvenís nova vitoria de Vilaxoán rotunda e concluínte. Sacou catro segundos a Estaleiro, segundo e doce a Robaleira, terceiro. E en absoluto masculino, a vitoria foi para os favoritos de Estaleiro, pero Samertolaméu nos últimos compases cunha remontada espectacular achegouse a disputarlle a medalla de ouro. Os cántabros foron primeiros con Samertolaméu a un segundo, seguíndolles máis atrás, Bermeo, Kaiku e Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará