Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman na Xunta a reconstrucción do peirao de Cesantes

RR_Noticias

O BNG presentou hoxe unha iniciativa no Parlamento Galego na que lle demanda á Xunta de Galiza que reconstrúa o peirao sobre pilotes e que se poñan medios a disposición da confraría para a recuperación do banco marisqueiro e do areal de Cesantes.

A deputada nacionalistas Carme Adán, considera que “o peirao necesita dunha actuación urxente para que se poidan restituír os movementos de augas e areais coa finalidade de facilitar a supervivencia dos bancos marisqueiros e do propio areal da praia de Cesantes”. Para iso, defende como solución que se reconstrúa o peirao sobre pilotes.
A parlamentaria lembrou que no pasado mes de xaneiro a conselleira do Mar visitou Redondela e nun encontro con representantes da confraría de pescadores, éstes volvéronlle reclamar a necesidade de que o peirao de Cesantes se reconstrúa pilotado.
Ante esta situación, e logo de transcorridos máis de tres meses, a deputada do BNG pregúntalle á Xunta de Galiza se contempla esta actuación e de ser así, qué orzamento, proxecto e prazos manexa a Consellaría do Mar.
Ademais, Carme Adán demándalle á Xunta que poña medios a disposición da confraría para a recuperación do banco marisqueiro e para a recuperación do areal de Cesantes.
Dende o BNG lembran que durante a tramitación dos Orzamentos da Xunta para 2010 pediran a inclusión dunha partida para a reconstrucción do peirao, unha demanda que fora rexeitada polo Partido Popular.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará