Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Estimular e exercitar a memoria a través da arte

RR_Noticias

Como calquera outro órgano do corpo que non se usa, a memoria tamén tende a atrofiarse se non realizamos actividades encamiñadas a exercitala e mantela en forma. Dende a Concellería de Servizos sociais propóñennos un curso de “Memoria expresa” que persegue precisamente actividades sinxelas e prácticas que nos permitan estimular a memoria e potenciar a atencións e concentración.

O curso, que arranca mañá día 21 e se impartirá todos os mércores ata o mes de xuño en horario de tarde, de 17:30 a 19:30 horas no Multiusos da Xunqueira está orientado a maiores de 50 anos. Os contidos do obradoiro terán unha parte a nivel cognitivo con exercicios de estimulación da memoria, das palabras e da imaxinación visual, e tamén unha parte a nivel plástico, onde se traballará  coa importancia e a influencia das cores: a expresión a través das cores con acuarela en base húmida e pastel, e o debuxo de formas para fortalecer a concentración das persoas maiores. A inscrición no curso “A memoria expresa: arte a través da memoria” é gratuíta e debe facerse na Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade no teléfono: 986 408043

Ismael Rodríguez monitor do curso
Exercicios que serven para reforzar a memoria
Técnicas variadas
A arte e a lectura serven para fixar a memoria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará