Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección das curtametraxes “A rosa dos ventos” e “Amelia e as sereas”

RR_Noticias

As proxeccións, que comezarán ás 20:00 horas do venres no Multiusos, durarán 35 minutos e ao remate abrirase un coloquio, no que participarán a actriz Belén Constenla, quen ven de recibir o premio María Casares á mellor actrir protagonista pola súa interpretación na obra “O segredo dos Hoffman”, e o director Jairo Iglesias. Participará tamén no debate o actor e titiriteiro Eduardo Rodríguez ” Tatán”.

As Concellarías de Normalización Lingüística, Servizos Sociais e Igualdade organizan a proxección de 2 curtametraxes en galego: “A rosa dos ventos” e “Amelia e as sereas” a través das cales o público poderase achegar ao cine feito en Galicia e ás vidas de mulleres da nosa terra.
Esta actividade é de entrada libre e gratuíta,  e vai dirixida tanto a rapaces e rapazas maiores de 7 anos coma á mocidade local, e a toda a poboación redondelá que teña interese en ver cinema en galego de calidade. Trátase da segunda sesión de cine de muller, iniciada no mes de marzo, e enmárcase tamén dentro das proxeccións de cinema galego organizadas para o alumnado de secundaria neste mes, promovidas polo Servizo de Normalización Lingüística.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará