Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ofrenda floral no cemiterio dos Eidos no 79 aniversario da II República

RR_Noticias

O Colectivo republicano de Redondela inicia esta tarde ás 20:30 horas unha serie de actos para conmemorar o aniversario da II República. O venres na Casa da Torre convocan celebran unha conferencia a cargo do xornalista Alfredo Grimaldos.

O cemiterio dos Eidos acolle esta tarde ás 20:30 horas a tradicional ofrenda floral que todos os anos o Colectivo Republicano de Redondela organiza co llo da conmemoración do aniversario da II República.
Xa o venres celébrase na Casa da Torre unha conferencia a cargo do escritor e xornalista Alfredo Grimaldos baixo o título “medio de comunicación e manipulación informativa”. Un acto aberto que terá lugar ás 20:15 horas.
Este ano, a maiores dos actos que organiza o colectivo, súmanse ás actividades que se farán en Soutomaior o vindeiro día 17 de abril, na honra de Fernando Pereira, alcalde dese concello, galeguista e republicano que xa hai dez anos que nos deixou.
Xantar  
Por outra banda, aqueles que queiran participar no xantar de confraternidade que se vai celebrar o 1 de maio no local social da Miñoteira en Ventosela poden xa adquirir os seus bonos a un prezo de 15 euros no Café da Vila ou no local Cal3 fotografía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará