Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela proclamouse vencedor na Bandeira Concello de Cangas

RR_Noticias

Os redondeláns clasificaron un total de cinco barcos para o Camionato Autonómico. Ademais de gañar na categoría absoluta, foron vencedores tamén en categoría Cadete, segundos en infantil masculina e terceiros nas categorías de xuvenil feminina e masculina.

Bateis
A Bandeira Concello de Cangas foi o domingo o escenario da segunda e última xornada do Campionato Territorial Sur de Bateis. Unha cita que arrincou o sábado na localidade morracense coa disputa das regatas clasificatorias para as finais que o domingo decidiron o nome dos representantes pontevedreses no próximo Campionato Galego e que serviu tamén para disputar a Bandeira Deputación de Pontevedra. Chapela, xunto con Vilaxoán, protagonizaron a xornada dominical ao clasificar cinco barcos cada un para o Autonómico. No caso do club redondelán, con dúas tripulacións vencedoras, ademais de levar a Bandeira Concello de Cangas masculina. Pola súa banda Samertolameu gañou a feminina.
As finais do domingo contaban con cinco embarcacións por categoría, clasificándose as catro primeiras para o Campionato Galego.
Amegrove impúxose na regata de promesas. Seguíronlle Samertolameu, Vilaxoán, Robaleira e, fóra do Autonómico, Chapela.
En xuvenil feminina gañou Vilaxoán, seguida por Amegrove , Chapela , Robaleira e Vila de Cangas.
Samertolameu venceu en absoluta feminina, por diante de Bueu, Náutico de Vigo, San Martiño e Mecos.
En categorías masculinas , estes foron os resultados. En infantil : 1º Vilaxoán, 2º Chapela , 3º Mecos, 4º Samertolameu e 5º Bueu. En cadete : 1º Chapela, 2º Amegrove, 3º Vilaxoán, 4º Tirán e 5º Mecos. En xuvenís : 1º Vilaxoán, 2º Robaleira, 3º Chapela, 4º Coruxo e 5º Bueu. E na final absoluta masculina : 1º Chapela, 2º Meira, 3º Mecos, 4º Remedios e 5º Tirán.
O próximo fin de semana en Vilaxoán dispútase o Galego da especialidade e dentro de quince días o nacional en Ferrol.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará