Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

300 traballos compiten no VI Festival Redondela en Curto

RR_Noticias

Os traballos remitidos ao Festival antes do pasado 8 de marzo deberán agora superar diferentes cribas ata quedar reducida a selección finial a un total de 16 curtas, que serán as que se proxecten no Multiusos entre os días  22 e 25 de abril

Rematado xa o prazo de recepción de traballos, os organizadores esperan ter seleccionadas canto antes as 16 curtas que serán proxectadas nos catro días do festival aínda que o traballo é longo debido a que se realizan varias cribas eliminatorias para seleccionar as mellores cintas. En canto á procedencia, son sobre todo traballos asinados por directores madrileños e cataláns, sendo poucas as curtas feitas en Galicia, segundo nos explicaba o director do festival Cuchi Carreira. E unha vez máis, os argumentos presentan en poucos minutos temas dramáticos. A pesar de que está demostrado que son as comedias as que máis predicamento teñen entre o público como o demostra que ata o de agora foran títulos como “Por que hay cosas que nunca se olvidan” ou “Temporada 92-93” as vencedoras de edicións anteriores, seguen a ser os dramas os que máis abundan entre as curtas a concurso. O VI edición do festival desenvolverase entre os días 22 e 25 de abril retomando a sáu duración inicial de catro días

Cuchi Carreira Redondela en curto
Poucas cintas galegas
Dramas
A pesar de ter mellor acollida as comedias entre o público as curtas recibidas son maioritariamente dramas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará