Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dura loita pola permanencia no encontro entre o Arcade e o Unión Grove

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes complicaron a súa situación na táboa coa derrota da pasada semana en Arbo, e este domingo reciben a un rival que precisa dos puntos para escapar do descenso. No club son conscientes de que teñen que saír a por todas, xa que os do Grove buscarán desesperados a salvación.

Primeira AutonómicaA posición na táboa do Arcade é cada vez máis complicada, agora son 15º, e na recta final desta liga non poden permitirse ningún erro se queren salvar a categoría. A estas alturas da liga todos os partidos son decisivos, e todos se xogan algo, xa sexa a permanencia ou a loita polo ascenso. No Arcade sabían que o obxectivo da permanencia sería complicado, sobre todo nun grupo onde hai moita igualdade entre os rivais. O domingo reciben ó Unión Grove, equipo nunha situación aínda máis complicada ca dos de Soutomaior, xa que son 17º, e están a dous puntos do Arcade. Partido decisivo, polo tanto, o que nos agarda o domingo, xa que os dous combinados teñen moito en xogo e precisan dos puntos para garantir a súa supervivencia na Primeira Autonómica. A priori, o favorito é o Arcade, por xogar na casa e pola súa situación na táboa, pero no club non se confían. O adestrador, Jacobo Montes, está convencido de que o rival sairá ó campo do Arcade “a morrer”, e o equipo local ten que saír “a por todas”.

Jacobo Montes adestrador
O míster fálanos do complicada que está a ser esta liga
Arcade-Unión Grove
Partido complicado xa que o rival chega a Arcade moi necesitado de puntos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará